Visita guiada a La Voz de Galicia

O luns, 26 de novembro, os alumnos do Ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma dos 1.º e 2.º Cursos, realizaron unha visita guiada ás instalacións de La Voz de Galicia, acompañados dos profesores do centro, M.ª José Blanco, Francisco Javier Ouviña e Emilio Pintos.

Os estudantes percorreron á redacción e a área de impresión, así como a sala de papel, onde gardan todo o que provén de distintas partes do mundo, de Portugal a Australia.

Finalmente, visitaron a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, que leva o nome do fundador e primeiro presidente do xornal galego. A Fundación é un museo onde se atopan as portadas máis importantes do xornal, desde a súa fundación en 1882, e as distintas páxinas dos xornais máis importantes de hoxe, así como os máis históricos.

La Voz de Galicia abre as súas portas ás escolas para que os estudantes galegos aprendan a como se elabora un xornal e que coñezan a historia da prensa no Museo Santiago Rey Fernández-Latorre, que alberga máquinas para artes gráficas desde distintas épocas e máis de cinco mil publicacións de todo o mundo.

 

Avatar

Author: CPR Afundación A Coruña

Compartir

Enviar el Comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *