O pasado luns, día 19 de decembro, no auditorio do Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE), anticipámonos á conmemoración do Día da Educación Financeira coa asistencia dos alumnos dos primeiros cursos dos Ciclos Superiores de Administración e Finanzas; Asistencia á Dirección e Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma do noso centro á conferencia “¿Preparado para dar o salto? As necesidades financeiras ao longo da vida”, impartida pola coordinadora adxunta da área de Educación Superior de Afundación, Carlota Sánchez-Montaña, quen salientou a importancia da planificación financeira e o aforro desde a infancia ata a xubilación.
Esta conferencia estrutúrase ao redor de tres eixos: a evolución da economía nestes últimos anos da crise e a situación actual dos mercados, a evolución do mercado laboral, que vai esixir transitar do emprego á empleabilidad, e a necesidade de ter un comportamento responsable, centrado na xestión do diñeiro, a elección de produtos financeiros e a planificación.
Enmárcase dentro do Programa de Educación Financeira, promovido polo Banco de España e a CNMV (Comisión Nacional del Mercado de Valores), co obxectivo de contribuír á mellora da cultura financeira dos cidadáns, no que participa Afundación coa colaboración de Abanca.