Celebración Acto de Graduación do Curso 2018/2019

O venres, 21 de xuño, tivo lugar no salón de actos do IESIDE (Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa, Campus da Coruña) o Acto de Graduación dos alumnos dos Ciclos de Grao Superior de Administración e Finanzas, Asistencia á Dirección e Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma que finalizaron os seus estudos neste curso 2018/2019.

Ao acto asistiu a Coordinadora Adxunta da Área de Educación Superior de Afundación, D.ª Carlota Sánchez-Montaña Puga. Abriu o acto a Directora, D.ª Cristina Pilar Sánchez Domínguez, que dirixiu unhas palabras a todos os presentes, familiares e amigos dos graduados, así como a todo o persoal do centro e, en especial, aos alumnos.

Tras a intervención da Directora, procedeuse á entrega dos diplomas e, a continuación, representantes do alumnado falaron, en nome de cadanseus grupos, para contar as experiencias vividas durante o seu paso polo centro.

Clausurou o acto a Coordinadora Adxunta da Área de Educación Superior de Afundación.

A continuación, unha das alumnas de segundo curso do ciclo de Asistencia á Dirección interpretou unha peza musical ao violín.

Ao finalizar o acto, proxectouse un vídeo sobre o desenvolvemento do curso académico 2018-2019.

Avatar

Author: CPR Afundación A Coruña

Compartir

Enviar el Comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *