Os días 4 e 7 de novembro tiveron lugar, no centro, dúas accións formativas sobre consumo, enmarcadas no Programa Municipal Anual e Formación en Consumo (Coruña Educa 2019/2020 do Concello da Coruña).
Alumnos de 1º de ADF, 1º de ASD e 2º de DAM participaron na acción “Dereitos das persoas consumidoras” onde, ademais de informar dos deberes e os dereitos de consumidores e usuarios, se fixo especial fincapé na adopción de hábitos de consumo responsable, consciente e solidario.
Por outra banda, a outra acción formativa, «Seguridade en Internet», consistiu en dar a coñecer as posibilidades que ofrece Internet para acceder á información, para o entretemento, a comunicación e, mesmo, a compra de calquera produto e as dificultades e os inconvenientes. Esta actividade contou coa participación de estudantes de 1º DAM, 2º ASD e 2º ADF.