O pasado xoves, 26 de outubro, os alumnos do Ciclo Superior de Asistencia á Dirección do 1º Curso realizaron unha visita guiada ás instalacións de La Voz de Galicia, acompañados da directora do centro, Sara Franco, e da xefa de estudos, Mª Dolores Mallo.
Os estudantes percorreron á redacción e a área de impresión, así como a sala de papel, onde gardan todo o que provén de distintas partes do mundo, de Portugal a Australia.
Finalmente, visitaron a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, que leva o nome do fundador e primeiro presidente do xornal galego. A Fundación é un museo onde se atopan as portadas máis importantes do xornal, desde a súa fundación en 1882, e as distintas páxinas dos xornais máis importantes de hoxe, así como os máis históricos.
La Voz de Galicia abre as súas portas ás escolas para que os estudantes galegos aprendan a como se elabora un xornal e que coñezan a historia da prensa no Museo Santiago Rey Fernández-Latorre, que alberga máquinas para artes gráficas desde distintas épocas e máis de cinco mil publicacións de todo o mundo.