Uso de cookies Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí: Política de cookies. Permitir cookies

Visita guiada a La Voz de Galicia

O mércores, 7 de febreiro, os alumnos do Ciclo Superior de Administración e Finanzas do 1º Curso realizaron unha visita guiada ás instalacións de La Voz de Galicia, acompañados das profesoras do centro, M.ª Ángeles Cadenas, e Karine Pham Thi.

Os estudantes percorreron á redacción e a área de impresión, así como a sala de papel, onde gardan todo o que provén de distintas partes do mundo, de Portugal a Australia.

Finalmente, visitaron a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, que leva o nome do fundador e primeiro presidente do xornal galego. A Fundación é un museo onde se atopan as portadas máis importantes do xornal, desde a súa fundación en 1882, e as distintas páxinas dos xornais máis importantes de hoxe, así como os máis históricos.

La Voz de Galicia abre as súas portas ás escolas para que os estudantes galegos aprendan a como se elabora un xornal e que coñezan a historia da prensa no Museo Santiago Rey Fernández-Latorre, que alberga máquinas para artes gráficas desde distintas épocas e máis de cinco mil publicacións de todo o mundo.

Jesus

Author: Jesus

Compartir