Uso de cookies Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí: Política de cookies. Permitir cookies

Celebración Acto de Graduación do Curso 2016/2017
Jun19

Celebración Acto de Graduación do Curso 2016/2017

O venres, 16 de xuño, tivo lugar no salón de actos do IESIDE (Escola de Negocios Afundación A Coruña), o Acto de Graduación dos alumnos dos Ciclos de Grao Superior de Administración e Finanzas, Asistencia á Dirección e Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma que finalizaron os seus estudos neste curso 2016/2017. Ao longo do acto, a Directora, Dª Sara Franco Suárez, e a Coordinadora Adxunta da Área de Educación Superior de Afundación, Dª Carlota Sánchez-Montaña Puga, dirixiron unhas palabras a todos os presentes, familiares e amigos dos graduados, así como a todo o persoal do centro e, en especial, aos alumnos. Ademais, tras a entrega dos diplomas, alumnos de Administración e Finanzas, Asistencia á Dirección e de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma, falaron, en nome de cadanseus  grupos para contar as experiencias vividas durante o seu paso polo centro. A continuación, unha das alumnas de primeiro curso do ciclo de Asistencia á Dirección, interpretou unha peza musical ao violín. Ao finalizar o acto, proxectouse un vídeo sobre o desenvolvemento do curso académico...

Mas info